A Deputación de Ourense colabora co IX Ouren Sound Fest que ofrecerá preto dunha vintena de concertos no Complexo Deportivo de Monterrei do 23 ao 26 de maio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A novena edición deste festival celebrarase por primeira vez no Complexo Deportivo de Monterrei, no Pereiro de Aguiar, “sendo o lugar idóneo para acoller a primeira festa do verán”, afirmou o presidente provincialOuren Sound Fest transcende ao ámbito puramente musical e aglutina nun mesmo evento música, artesanía, natureza, historia e gastronomía

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense colabora coa novena edición do festival Ouren Sound Fest, “evento consagrado no calendario de festivais de Galicia”, salientou o presidente provincial, Luis Menor, hoxe na presentación deste evento no Complexo Deportivo de Monterrei, acompañado polo xefe da área provincial de Turismo en Ourense, Cecilio Santralices, o director do festival, Rubén Álvarez; e o delegado en Galicia de Mahou, Txus Saez.A novena edición deste festival celebrarase do 23 ao 26 de maio, por primeira vez, no Complexo Deportivo de Monterrei, no Pereiro de Aguiar, “sendo o lugar idóneo para acoller a primeira festa do verán”, afirmou Luis Menor.Este festival de produción ourensá, que conta coa colaboración de institucións públicas e privadas, atrae a numerosos asistentes de case todas as provincias de España e do norte de Portugal, “o que da boa conta do seu bo facer e da repercusión que está collendo fóra da nosa provincia”, sinalou Luis Menor.Grupos emerxentes e artistas consagradosAo fío disto, o presidente provincial lembrou que o Ouren Sound Fest é o “terceiro evento cultural da provincia máis numeroso, despois do Entroido. Un evento que serve de escaparate da gran música que se está a facer en Galicia, sen esquecer tamén as figuras consagradas a nivel estatal e internacional”.Este ano o cartel musical está protagonizado por: Arde BogotáFillas de CassandraShegoGrande AmoreThe RapantsLa duendeneta e Señora Dj, que actuarán o venres, 24 de maio, a partir das 19.30 horas. O sábado, 25 de maio, a partir das 17.00 horas, comezará unha nova xornada do festival con obradoiros e no apartado musical estarán SidonieTanxugueirasShinovaValiraÁngel Carmona e La Duendeneta. Tamén haberá concertos na Praza da Igrexa, no Pereiro, o xoves, 23 de maio con Gargantúa, a partir das 19.45 horas, e Catuxa Salom actuará desde as 20.50 horas; e o domingo, 26 de maio, con Brais das Hortas, a partir das 12.30 horas.Actividades complementariasOuren Sound Fest transcende ao ámbito puramente musical e aglutina nun mesmo evento música, artesanía, natureza, historia e gastronomía. Este festival complementa a oferta musical con actividades culturais como obradoiros, exposicións, zona gastronómica… que “aporta valor engadido ao propio festival”, salientou o presidente provincial.  Neste sentido, Luis Menor destacou que o Ouren Sound Fest converteuse “nun importante medio de difusión e concienciación de determinados oficios, contribuíndo así, non só a manter vivas as nosas tradicións, senón a poñelas en valor entre o público asistente”.