O estudantado dos Institutos da vila protagonizan as ‘Xornadas pola Ciencia’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A segunda edición das ‘Xornadas pola Ciencia no Carballiño’ terán lugar do 27 ao 31 de maio nos institutos Chamoso Lamas e Nº1 e nas que o estudantado será o protagonista, coa elaboración dos seus traballos experimentais, e que conta coa colaboración do Concello. Na xornada de clausura do venres 31, o alumnado exporá na Praza Maior, das cinco ás oito da tarde, os inventos, xogos e experimentos para que a veciñanza poida interactuar con eles.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O evento foi presentado esta mañá coa presenza dos directores dos centros educativos, Aurelio Rodríguez e Almudena Mosquera; o coordenador das xornadas, José Vicente Duarte, e a concelleira de Educación, Silvia Baranda.

A edil amosou o apoio institucional a esta iniciativa, na que participarán un centro de estudantes dos dous centros de ensino:

O responsable da organización e tamén profesor de Física, José Vicente Duarte, falou da implicación dos alumnos:

Finalmente, Aurelio Rodríguez anunciou que, no arranque das xornadas, se lle fará unha homenaxe ao profesor Miguel García, que creou o Centro Meteorolóxico do Chamoso Lamas hai 40 anos:

PUBLICIDADE