Espazo Común apoia a manifestación da plataforma en defensa da sanidade pública que terá lugar o domingo 26 as 12:30 na praza maior do Carballiño

Son por todos coñecidas as carencias sanitarias que estamos a sufrir no Carballiño. Sendo este un problema que nos afecta moi directamente a todos nun momento ou noutro, o traballo que está a facer a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública merece todo o apoio que se lle poida dar e máis.

Son moitas as cuestións concretas polas que hai que pelexar para non perder (aínda máis) servizos sanitarios básicos.

Dende o nefasto funcionamento de raios que obriga ós veciños a acudir a Ribadavia por estar avariada a máquina do Carballiño ou a radiarse 2 veces por non poder valorar adecuadamente unha radiografía feita nunha máquina obsoleta e ter que acudir de segundas a Ourense, pasando polas longas colas de espera para facer unha analítica ou mesmo para acudir ó medico de cabeceira.

Estas son só unhas pequenas mostras, xa que as carencias da asistencia sanitaria son tristemente amplas. A pesares dos esforzos de toda a comunidade de atención primaria aquí no Carballiño, facendo prolongacións de xornada e horas de máis prácticamente a diario, as axendas ateigadas son unha constante que indica claramente a necesidade de máis profesionais para cubrir esta cabeceira de comarca.

Outra das eivas reseñables é a falla dun servizo de urxencias polas mañás, xa que a diario colapsanse as consultas e en moitas ocasións xeran un grave retraso para os pacientes ou no peor dos casos ter que marchar sen ser atendidos.

A lista de deficiencias nesta vila é longa é poderíamos seguir pero non é preciso xa que todos as coñecemos mesmo o Alcalde e a xerencia da área sanitaria de Ourense. Os cales levan facendo caso omiso ás protestas de plataformas veciñais e sanitarios que mesmo se manifestan semana tras semana nas portas do Centro de Saúde en demanda de melloras.

A saúde é o mási importante e temos que defendela. O Carballiño non se pode quedar atrás. Por eso, dende Espazo Común, apoiamos a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública este domingo día 26 ás 12:30 e en todas as que sexa necesario ata que o servizo sanitario sexa o que o Carballiño precisa.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------