A Deputación colabora co Plan de axuda á inserción laboral para maiores de 30 anos da Asociación de Construtores de Ourense

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) coa directiva da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), representada polo sue Presidente, Santiago Ferreiro Pérez, e do seu Xerente, Cesario Fernández Rios.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense colaborará coa Asociación de Construtores de Ourense (ACO) para colaborar co seu Plan de axuda á inserción laboral para maiores de 30 anos, para o que destinará unha axuda de 60.000 euros. Así llo trasladou o presidente provincial, Luis Menor, á directiva desta entidade durante unha reunión de traballo no Pazo Provincial, na que participou o presidente e o xerente de ACO, Santiago Ferreiro Pérez e Cesáreo Fernández Ríos, respectivamente.
Na reunión tiveron a oportunidade de analizar as liñas de cooperación abertas entre ambas entidades que acordaron reforzar para “mellorar a comunicación e divulgación da información da contratación pública en toda Galicia”, sinalou Luis Menor.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO