O Concello e a Coral do Orfeón do Carballiño homenaxearán ó compositor Xosé Luís Reza Cabano

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Recentemente, a corporación do concello do carballiño aprobou  por unanimidade conceder o nomeamento de Xosé luís Reza Cabano ó salón de actos da Casa da Cultura, proposta iniciada polo Orfeón do Carballiño, onde o homenaxeado foi director e ademais é neste espazo onde realizan os ensaios. Por este motivo, tanto o Concello como a propia coral, decidiron realizar un acto de homenaxe que terá lugar este venres ás 20:30h  no salón de actos da Casa da Cultura, onde se destapará a placa  que dará nome ó espazo e tamén terá lugar un concerto no que os compañeiros do exdirector interpretarán varias cancións compostas por Xosé Luís.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Don Xosé Luís Reza Cabano comezou dende moi cativo no mundo da música, logo de formarse, comezou a súa actividade profesional como mestre de música, profesión que compaxinou coa tarefa de director de varias corais de Galicia. Asemade, ademais do gran recordo que deixou entre o alumnado que pasou pola súa labor docente e nos coralistas que dirixiu, tamén tivo moita relevancia a súa labor como compositor, tanto pola súa extensión como pola súa calidade. De feito, recentemente, foi editado un libro que recolle as pezas de música compostas polo homenaxeado e que foi moi ben acollido no mundo da música galega.

Ó remate do acto, terá lugar unha cea de confraternidade na que tamén estará presente o homenaxeado e a súa familia, e na que todos aqueles interesados en asistir deberán realizar a reserva a través do número de teléfono  661325388 ou tamén a través dos membros da Coral do Orfeón. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------