Ca chegada da época estival a vila do Arenteiro convértese nun referente turístico do interior de Galicia, debido ó bo ambiente, a oferta hosteleira e de comercio, as actividadades culturais e,como non, ó carácter internacional da Festa do Pulpo. Este ano, o Concello do Carballiño presenta as diversas actividades que terán lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro. O Festival de Música Feito no Carballiño será o encargado de dar a oportunidade ós xovenes artistas da vila no formato habitual, concertos espallados pola vila ás noitiñas das fins de semana,asemade, tamén haberá música tradicional, o Festival das Habaneras,un festival con música dos anos 80 ou un gran concerto do grupo Guadi Galego, entre a oferta musical..
Este ano, tamén terá o seu oco o Entroido de Verán, que xa conta con numerosas comparsas confirmadas e que darán a oportunidade a moita xente de disfrutar dunha actividade tradicional de inverno, con color, música e diversión. Outra actividade que non podía faltar é o Festival de Títeres, onde os mellores artistas de Galicia veñen a presentar o seu espectáculo ó público familiar. Ademais, tamén se levarán a cabo numerosas actividades infantís como contacontos, maxia, festa da espuma…tamén haberá outras actividades de interese como o lanzamento da Web Palacios, dentro das actividades de promoción do arquitecto polo 150 aniversario do seu nacemento, ou outras de índole social, como os bailes para maiores no parque ou charlas informativas.
Por outra beira, dende o Concello do carballiño tamén se quere agredecer o traballo dos colectivos culturais da vila que como todos os anos realizan actividades que enriquecen dunha forma notoria a programación de verán, como se pode ver na carteleira, con actividades musicais, de cine,teatro, fotografía ou literatura.
CONCERTO – ELOS – Marta Bravo e Sérgio Tannus
sábado, 6 ás 20 h na Praza Maior
50 ANIVERSARIO ASOC. CULT. AVANTAR. Organiza Asoc. Cult. Avantar
sábado, 6 de xullo ás 20.30 h no Auditorio
26º CONVIVENCIA DE FAMILIAS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
Sábado,6 ás 11:30h no Parque Municipal
DOMINGOS DE BAILE PARA MAIORES
De 19 a 21h no Parque Municipal
CONCERTO – PERRITO PILOTO DÚO
domingo, 7 ás 20 h na rúa Principal
ESTREA DA PELÍCULA DE ASPADISI
Xoves, 11 ás 16h e ás 20h no Auditorio
ENTROIDO DE VERÁN
sábado, 13 – ás 20 h DESFILE
– ás 22 h ORQUESTRA GREASSE
DJ TIBU – OS TEMAZOS DUNHA NOITE DE VERÁN (50 ANOS DE MÚSICA)
domingo, 14 ás 20 h na Praza Maior
DOMINGOS DE BAILE PARA MAIORES
De 19 a 21h no Parque Municipal
LANZAMENTO WEB PALACIOS
luns 15
14ª EDICIÓN CINE DE FLORES. Organiza Cine Club Carballiño
16, 17 e 18 ás 22.30 h no Barrio de Flores
martes, 16: Passages mércores, 17: Nubes pasajeras xoves, 18: Las gentiles
CONCERTO – JORGE CERVANTES + SUEÑOS DE ÍTACA
sábado, 20 ás 20 h na rúa Aldara
CONCERTO – COLLAGE
domingo, 21 ás 23 h na Praza Maior
DOMINGOS DE BAILE PARA MAIORES
De 19 a 21h no Parque Municipal
CONCERTO – SEZZ
mércores, 24 ás 20 h na rúa Curros Enríquez
XXX FESTIVAL DE HABANERAS. Organiza Orfeón do Carballiño
sábado, 27 ás 20.30 h no Auditorio
O FESTIVAL DOS 80S E 90S
sábado, 27 ás 20 h no Parque Municipal
DOMINGOS DE BAILE PARA MAIORES
De 19 a 21h no Parque Municipal
MÚSICA GALEGA
PASARRÚAS con FEITIZO DE PAU
xoves, 25 ás 20 h polas rúas da vila
CONCERTO – ALEXANDRE CABANELAS TRÍO
domingo, 28 ás 20 h na Praza Maior
SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS
ACTIVIDADES INFANTÍS
Do 30 de xullo ao 2 de agosto, de 19 a 21 h na Praza Maior e Praza da Veracruz