O presidente da Deputación recibe no Pazo Provincial ao Club Ximnasia Burgas, campións nacionais de ximnasia senior

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 15 de xullo de 2024.O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo director da área de Deportes da Deputación e polo asesor de Deportes, Marcos Vázquez e Quique Álvarez, respectivamente, recibiron hoxe no Pazo Provincial a unha delegación do Club Ximnasia Burgas que recentemente se proclamou Campión Nacional por equipos en categoría Senior Base no Campionato de Ximnasia Acrobática.O presidente provincial felicitou a todo o Club por “todos os éxitos logrados ao longo da súa traxectoria que está ligada desde os seus comezos ao Pazo dos Deportes “Paco Paz” da Deputación, onde o equipo adestra”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pola súa parte, a adestradora do Club Ximnasia Burgas, Isaura Hermida, que acompañou aos deportistas na visita ao Pazo Provincial, puxo en valor o traballo realizado ao longo dos anos por este equipo que atesoura na súa historia dous récords mundiais feminino e masculino e que logrou desde 1990 ata a actualidade ter sempre algún campión de España.