A portavoz socialista no concello de Ourense, Natalia González, esixiu ao alcalde que reconsidere e actúe con responsabilidade e transparencia nas decisións en materia de persoal e seguridade cidadá

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Recriminou tamén a voceira do PSdeG ao alcalde que anunciara agora a modificación do cuadrante e pago de horas extra da Policía Local “a sabendas da repercusión que podería ter para a axeitada prestación do servizo”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Respecto ás modificacións de crédito, solicitou a retirada das mesmas para un mellor estudo, ampliar a información ao respecto e valorar e priorizar o realmente importante a sacar adiante entre todos e todas

Ourense, 20 de setembro de 2024. Trala Xunta de Voceiros celebrada hoxe, a portavoz do grupo municipal socialista, Natalia González, expresou o seu rexeitamento á modificación das bases de estabilización que contan, tamén, co rexeitamento de todos os sindicatos, toda vez que consiste nunha obriga legal e que xa foron publicadas unhas anteriores e rematado o proceso de estabilización con idéntica normativa no CMD.

A toda esta problemática é fundamental engadir a caída do Capítulo I en vía xudicial por falla de diálogo e apoio sindical, coas graves repercusións en materia económica e de persoal que supón para o bo funcionamento do Concello. “Isto supoón un prexuízo económico e un despilfarro económico mentres o rexedor vai tirando millas irresponsablemente”, advertiu. E incidiu en que “un proceso de estabilización non pode, nin debe, converterse nun proceso de desestabilización para ningunha das partes”.

Recriminou tamén a voceira do PSdeG ao alcalde que anunciara agora a modificación do cuadrante e pago de horas extra da Policía Local “a sabendas da repercusión que podería ter para a axeitada prestación do servizo, cando foi implantado polo equipo de goberno, conscientemente, e sen que en 5 anos foran capaces de sacar adiante unha OPE para dotar de efectivos ao mesmo”.

Esixiu, neste senso, saber cal foi o custe económico real que supuxeron ditas modificacións para as arcas municipais e reclamou copias de todos os informes xurídicos e técnicos que avalen a volta ao modelo anterior.

González insistiu na importancia de abrir un diálogo político e sindical para adoptar, finalmente, a mellor opción posible e que leve parella unha planificación real que supoña garantir a prestación do servizo nas mellores condicións. E sinalou esta mesma incapacidade do executivo de Gonzalo Pérez Jácome como a causa principal pola que non se chegan a acordos coa oposición, a fin de ter, alomenos, un orzamento actualizado en vigor e regularizar a inestabilidade económica da institución pública.

Reivindicou que se aclare dende o executivo local a verdadeira situación económica e as necesidades máis urxentes do Concello de Ourense e pediu que deixen de saltarse os procedementos de contratación e de hipotecar o futuro da cidade.

A voceira do PSdeG amosouse taxante ante o proceder actual e reclamou que saian “de debaixo da alfombra” os case 30 millóns de euros que se adebedan ás concesionarias”, toda vez que se emprega continuamente o procedemento da contratación menor “se ton nin son” e sen planificación estratéxica.

Así as cousas, aclarou respecto ás modificacións de crédito de máis de 20 millóns de euros que “o PSOE sempre actuou con autonomía e responsabilidade con respecto a todas as propostas de modificacións para dotar de crédito partidas ou proxectos” que supoñan un beneficio para a cidadanía. Pero que a ausencia de diálogo e a carencia de información á oposición só contribúen a dificultar as súas aprobacións e ralentizar o avance da cidade.

Por todo elo, solicitou a retirada das mesmas para un mellor estudo, ampliar a información ao respecto das modificicacións e valorar e priorizar o realmente importante a sacar adiante entre todos e todas.

Enlace ao audio con declaracións da portavoz do grupo municpal socialista no Concello de Ourense, Natalia González:

https://drive.google.com/file/d/1YIkwc8_8iJB0Xy8IAHfBcN_mwkmaBAbc/view?usp=sharing