A Corporación municipal do Carballiño aprobou hoxe en sesión plenaria unha modificación de crédito que permitirá afrontar as necesarias obras de acondicionamento nas aulas do Conservatorio e da Escola de Música, ubicadas nos baixos do Auditorio Manuel María e que están afectadas pola acumulación de gas radón. Esta iniciativa obtivo os votos favorables do equipo municipal de goberno, integrado por PSOE e PP, e a abstención dos grupos da oposición (Espazo Comón e BNG).
Concretamente, o importe desta modificación orzamentaria ascende a 145.000 euros para un total de 165.000 que supón o custe global dos traballos de reforma do inmoble, que consistirán na apertura de espazos para a ventilación do interior e así evitar a acumulación de gases. Estudantes e profesores do Conservatorio trasladaron o curso lectivo ata as instalacións de IES Nº1.
Por parte da oposición, tanto BNG como Espazo Común criticaron a tendencia do goberno municipal a recurrir ás modificacións de crédito, o retraso das obras e os gastos conseguintes para as arcas municipais, e ascasa oferta de prazas e de profesorado.
Escoitamos a Sofía García, voceira do BNG.
Érika Paz, de Espazo Común, criticou a demora no proceso.
Dende o grupo popular, Lorena Castro, incidíu na falta de profesorado no Conservatorio.
O alcalde, Francisco Fumega, anunciou unha reunión co conselleiro de Educación para procurar financiamento.
Na mesma sesión plenaria de hoxe aprobouse outra modificación de crédito de 905.000 euros para o abono de diversos pagos pendentes a empresas por diferentes traballos debido ao incremento nos custes, co voto contrario dos dous grupos da oposición. Tanto BNG como Espazo Común rexeitaron o traslado á Deputación provincial da xestión da facturación da recollida de residuos sólidos urbanos, así como a suba do 2,5% no recibo da auga, que foron aprobados pola maioría do goberno municipal.