A procura do finanzamento necesario para levar a cabo obras de mellora e futuras actuacións na contorna do Parque municipal do Carballiño foi o obxectivo dunha xuntanza mantida na sede da Xunta en Ourense por representantes do Concello coa directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta, Marisol Díaz Mouteira.
O alcalde, Francisco Fumega; o tenente de alcalde, José Castro-Gil, e a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Torres, participaron na reunión coa directora deste departamento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Elvira Torres comenta que a pretensión do goberno municipal é implicar á propia Consellería no coñecemento da riqueza natural que posúe o Parque carballiñés e a necesidade dun proxecto global de acondicionamento desta paraxe, na cal non se realizan actuacións de mellora dende hai máis de dúas décadas, tal e como lle foi exposto á propia Marisol Díaz, á quen lle trasladaron as principais medidas que se poidan tomar de xeito máis urxente. Entre éstas, a reforma da zona de estacionamento de vehículos existente na avenida do Arenteiro e tamén a ampliación do tanque de tormentos ubicado na colector xeral de augas residuais, ademais de encargar un estudio técnico sobre o estado da masa forestal do Parque.