Poucas ocasións claras nun partido moi igualado que xogaron na noite do pasado venres en Espiñedo Club Deportivo Arenteiro e Unionistas de Salamanca, e que rematou con empate sen goles. Este resultado permite ao conxunto de Raúl Jardiel manterse no segundo posto da clasificación do grupo 1º da Primeira RFEF, empatado a 17 puntos co Real Sociedade B, que é o terceiro e o próximo rival. O encontro foi nos primeiros minutos para os verdes e despois de dominio alterno e disparos a porta detidos polos metas visitante Iván e o local Diego García, ata concluir os 45 minutos cunha volea de Diego Gómez que lle saíu desviada.
Na segunda metade, foi o Arenteiro de voltar a impoñer o seu xogo, chegando a área do Salamanca con dous disparos de Diego Gómez que atallou Iván con dificultades, mentres os charros avisaron cun remate de Carlos García que foi por riba do longueiro da portería verde. Na vindeira xornada, que é a undécima, a cita será en San Sebastián fronte ao Real Sociedade B, 3º equipo clasificado que comparte 17 puntos co Arenteiro, e que vén de empatar 1-1 na casa do F.C. Andorra.
O adestrador do Arenteiro, Raúl Jardiel, na súa comparecencia ante os medios de comunicación, deu por bó o empate ante un equipo que “tamén sabe xogar ao fútbol”, e no que houbo unha alternancia que podería ter decantado o partido cara un ou outro conxunto, á vez que valorou o punto conquerido.