A Xunta levou a cabo a rehabilitación de espazos interiores en vivendas sociais da Uceira

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde, Francisco José Fumega, supervisou as obras de rehabilitación dun edificio de vivendas públicas no Carballiño, nas que a Xunta inviste preto de 80.000 euros. O delegado territorial destacou que esta liña de axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas contan cun orzamento dun millón de euros e están dirixidas ás comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades dos edificios de vivendas. As obras levadas a cabo no edificio, que consta de 64 vivendas e que teñen un prazo de execución de 2 meses, consisten na reparación do revestimento dos patios interiores e dos paramentos do garaxe, mediante a súa limpeza e aplicación dunha pintura impermeable. Estes traballos entrarían como actuacións de habitabilidade que proporcionan ao edificio estanquidade fronte á choiva e a humidade. Por outra parte, engádense obras de pintado dos teitos, dos garaxes e das varandas exteriores.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Pardo lembrou que as actuacións subvencionables abranguen desde intervencións de adecuación das condicións de seguridade do edificio, ata obras que proporcionen melloras nos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade ou telefonía, supresión de barreiras arquitectónicas, ou traballos de adecuación das condicións de habitabilidade como actuacións de illamento térmico e acústico da envolvente e melloras na instalación de calefacción.

O representante do Goberno galego, sinalou que a intensidade das axudas que se tramitan polo procedemento de concorrencia competitiva, será do importe correspondente ao 60% do orzamento subvencionable e ata un importe máximo que resulte de multiplicar o número de vivendas existentes no edificio por 6.000 euros.