Xunta e Concello de Ribadavia avaliaron o proxecto de mellora do abastecemento e saneamento en A Groba, As Chabolas, O Seixo e Sanín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández, reuníronse para abordar asuntos relacionados coa mellora da rede de saneamento e abastecemento no municipio. Deste xeito, durante o encontro avaliaron o proxecto do Concello para extende-la rede de abastecemento municipal e renova-lo saneamento na contorna das localidades de A Groba, As Chabolas, O Seixo e Sanín. Nesa liña, a conselleira explicou ao alcalde que os tñecnicos de Augas de Galicia están a ultimar a revisión deste proxecto.

O Concello de Ribadavia estima que o orzamento necesario para levar a cabo esta actuación rolda os 810.000 euros, que será cofinanciado pola administración local, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense. Ángeles Vázquez reiterou que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos municipios para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente, e así poder ofrecer servizos de calidade á súa veciñanza.

De feito, o orzamento de Augas de Galicia ascende este ano 2025 case un 5%, ata os 144 millóns de euros, para seguir optimizando o saneamento e abastecemento coa mellora de infraestruturas; a formación e divulgació, e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático. O obxectivo principal será facer un uso eficiente da auga e reducir a pegada hídrica na comunidade, mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento, así como no apoio aos concellos; o deseño de mapas de riscos climáticos ou a creación de sendeiros verdes para reducir as inundacións.

PUBLICIDADE