Espazo Común denuncia que as reunións da mesa de contratación do servizo da auga van estar vedadas ao público

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Espazo Común do Carballiño vén de poñer de manifesto o seu disgusto cos cambios de postura do equipo de goberno (PSOE e Partido Popular) sobre o proceso de contratación da xestión do servizo de abastecemento e saneamento. Dende esta formación política da oposición lembran que “primeiro foi a ruptura do consenso acadado para que houbera un representante do goberno e un da oposición na mesa de contratación para garantir a máxima transparencia”. Engaden que, “tanto PP coma PSOE, no pleno de decembro, aseguraron que as reunións desta mesa serían públicas e calquer cidadán podería asistir ás reunións e apertura de sobres”.

Sen embargo, e según figura no documento da convocatoria da mesa, que se reunirá mañá na Casa do Concello dende as 11,00 horas, sulíñase que “a sesión non será pública”, unha situación que para Espazo Común demostra que o goberno municipal “mentíu descaradamente”. Ao respecto, indican, “que teñan por costume enganar a todo mundo xa abonda, pero que mintan desta maneira para ocultar á veciñanza a quen queren adxudicar un contrato de diñeiro público de 60 millóns de euros, cruza tódalas liñas da indecencia e comeza a cheirar con forza á defensa de intereses pouco claros”.