A Deputación mobiliza 142.500 euros en cooperar cos municipios para a mellora de obras e servizos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O goberno provincial tamén concedeu unha axuda de 5.000 euros a favor da Asociación Cultural Unión Musical de Allariz

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 17 de febreiro de 2025.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na sesión celebrada esta mañá, un total de 147.500 en axudas, na súa meirande parte para municipios da provincia, destinándose para outras entidades 5.000 euros a favor da Asociación Cultural Unión Musical de Allariz.

No que atinxe á cooperación municipal, a Xunta de Goberno da institución provincial destina esta semana 142.500 euros a axudar a diferentes concellos na mellora de obras e servizos. Así, axudarase no mantemento, limpeza e conservación dunha necrópole; a redacción de proxectos; a cofinanciar o servizo de Axuda no Fogar; aos honorarios técnicos e redacción dun proxecto de rehabilitación de cuberta da edificación dun antigo muíño e unha urbanización exterior; para un ramal de saneamento e, por último, para o proxecto de construción dun polideportivo.