No pasado pleno municipal celebrado o día 6 de marzo, abordouse a aprobación da nova ordenanza para as taxas do Conservatorio e Escola de Música. Durante a exposición, a responsable de Educación realizou unha declaración que xerou preocupación e controversia: manifestou unha falta de entendemento coa directiva da ANPA.
Esta declaración pon de manifesto unha situación de tensión e desacordo que require rectificación, respecto e atención inmediata: A COMUNICACIÓN E A COLABORACIÓN ENTRE A AREA DE EDUCACIÓN E A COMUNIDADE EDUCATIVA SON FUNDAMENTAIS PARA O BO FUNCIONAMENTO DO CONSERVATORIO E A ESCOLA DE MÚSICA.
Non menos importante é a discriminación e o desdén co que se falou respeto a xente da comarca nun concello que medrou (e medra) aos albores da mesma.
A continuación, exponse os puntos claves desta problemática, así como as demandas da comunidade educativa para resolvela e garantir o futuro da educación musical no noso municipio.
