Dúas persoas resultaron feridas de gravidade ao chocar frontalmente dous turismos na estrada entre Ribadavia e O Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Eixo do Ribeiro foi escenario dun accidente de tráfico grave na primeira hora desta tarde, ao colidir frontalmente dous vehículos que circulaban por esta estrada que comunica Ribadavia coa localidade de A Barrela (Lugo) ao traverso do Carballiño e San Cristovo de Cea.

O suceso ocorreu ao fío das 15,00 horas, no termo municipal de San Amaro, cando dous turismos, un Mercedes 280 e un Hyundai Getz, por causas aínda descoñecidas, chocaron frontalmente nesta estrada autonómica (OU-504).

Como resultado da colisión, os conductores dos dous automóbiles tiveron que ser evacuados en sendas ambulancias do Servizo 061 ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) debido as graves feridas, nun caso, e moi graves, no outro, ocasionadas no accidente, mentres un dos acompañantes que viaxaba nun dos vehículos resultaba ileso.

Unha patrulla de motoristas e un equipo de investigación de sinistros do Subsector de Tráfico da Garda Civil desprazouse ata o lugar do sinistro para levar a cabo unha avaliación dos feitos e o correspondente atestado.