Cine Club Carballiño proxecta o venres no Auditorio a película “¿Es el enemigo? La película de Gila”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cine Club Carballiño proxecta o vindeiro venres, 21 de marzo, o film español “¿Es el enemigo? La película de Gila”. Dirixida por Alexis Morente, está ambientada no Madrid de 1936, onde un rapaz chamado Miguel Gila vive tranquilo e feliz cos seus avós nun humilde faiado. Mais o estalido da Guerra civil obriga a Miguel, xunto ao seu amigo Pedro, a acudir á loita. Alí, Gila intentará sobrevivir ás miserias, ás batallas, ao fusilamento e ao cárcere grazas ao seu humor.

Unha aproximación ao cómico excepcional que foi Gila a través dunha película tenra e agridoce que conta con unha magnífica interpretación de Óscar Lasarte no papel do xoven Gila, polo que foi nominado ao premio de Mellor Actor Revelación nos Goya. Os pases serán no Auditorio Manuel María do Carballiño, os dous en castelán, ás 20,00 e ás 22,30 horas.