Esta mañá, os traballadores de GRI Towers do Carballiño e doutras empresas do sector do siderometal do municipio concentrábanse diante das portas do concello. A súa folga indefinida dentro das protestas do sector do siderometal segue en marcha. A súa reclamación refírese o acordo salarial, no que piden que se igualen as condicións que o resto de provincias galegas.
Esta mañá, os delegados sindicais foron recibidos polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, quen escoitou as súas reclamacións, sendo un dos motores económicos do polígono industrial.
O alcalde anunciou hoxe que dende o concello tratarán de tender pontes entre os traballadores e a patronal para favorecer chegar a un acordo entre as partes, ambos sufrindo as consecuencias deste parón.
O responsable da Federación de Industria pediu á patronal que se sente a negociar e que escoite as verdadeiras necesidades dos traballadores na situación actual.