O PSdeG-PSOE de Punxín insta ao goberno municipal á creación dun obradoiro de emprego para a mellora dos locais sociais do municipio

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O PSdeG-PSOE de Punxín insta ao “bigoberno municipal do PP e CxG” á posta en marcha dun obradoiro de emprego de albanelería no municipio destinado á mellora dos locais sociais do municipio. As e os socialistas consideran que un obradoiro destas características permitiría non só mellorar os locais sociais, senón xerar oportunidades de emprego en Punxín.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende o grupo municipal socialista de Punxín aseguran ter claro que o Concello “debería ter entre os seus principais obxectivos mellorar a calidade de vida da veciñanza, fomentar a inserción laboral e a formación dos mozos e mozas e desempregadas e desempregados do municipio”. As e os socialistas sinalan que a posta en marcha dun obradoiro de emprego “sería ideal para acadar estes obxectivos” e fan fincapé en que un dos puntos a actuar serían os locais sociais, xa que tal e como apuntan “precisan de melloras nas súas infraestruturas para ofrecer un entorno máis adecuada e agradable para as actividades que neles se desenvolven”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, afirma que a posta en marcha dun obradoiro de emprego de albanelería “permitiría unha dobre función, por un lado empregando a man de obra para renovar os locais sociais, e por outro ofrecendo unha oportunidade de formación e emprego a persoas desempregadas”. Neste senso, a edil socialista subliña que os obradoiros de emprego “son un recurso co que a veciñanza pode beneficiarse e aprender un oficio”.

Para Peleteiro a creación dun obradoiro de emprego “daría solución a dous dos principais problemas que ten Punxín nestes momentos como son desemprego e a falta de conservación do patrimonio”. A concelleira socialista considera que co obradoiro darase resposta a “dous problemas e demandas da veciñanza” e permitirá que as persoas que participen no obradoiro “poñan en valor” o patrimonio municipal e poidan “optar a un posto de traballo fixo, ademais da formación que recibirían en caso de realizarse o obradoiro”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------