“Emprender cos meus fillos” de Elio Villalobos e Soraya Picouto gaña o 3º Concurso de Proxectos do Encontro Interxeracional ‘Inspiro’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Expourense acolleu hoxe ‘Inspiro’, o 3º Encontro Interxeracional entre o tecido empresarial e os diferentes modelos formativos (Universidade e centros de Formación Profesional) de toda Galicia. Emprendemento, innovación, talento. Maxia e confianza foron os fíos condutores deste encontro coorganizado entre Fundación Expourense e a empresa ourensá Dixital Gou que reuniu a 200 asistentes que participaron activamente no programa de conferencias impartido por unha ducia de expertos. A presentadora Lucía Rodríguez foi a encargada, por terceiro ano consecutivo, de presentar este encontro.

‘Inspiro’ albergou ademais a final do Terceiro Concurso de Proxectos Emprendedores no que competiron 11 proxectos creados por alumnos e alumnas procedentes da Universidade de Vigo e dos centros de Formación Profesional Portovello, Santo Cristo, CPR San Martín e Colexio Valle Inclán. Por primeira vez ademais, este concurso estaba aberto a calquera persoa emprendedora con ideas e proxectos innovadores e leste foi precisamente o caso do proxecto gañador: “Emprender cos meus fillos” de Elio Villalobos e Soraya Picouto. Este primeiro premio está dotado con 500 euros e unha mentorización a cargo de DixitalGOU. Os gañadores recibírono de mans do deputado Xosé Miguel Pérez Blecua que representaba á Deputación provincial de Ourense, principal promotora de Inspiro e do Concurso.

COMERCIAL ORCELLÓN

“Emprender cos meus fillos” é un proxecto creado por varios emprendedores con fillos que ten como obxectivo “capacitar a pais e nais en educación e intelixencia financeira para que adquiran ferramentas prácticas, pedagóxicas e didácticas no desenvolvemento integral e cognitivo dos seus fillos, coa finalidade de afrontar os retos dunha nova sociedade dixital na era da intelixencia artificial”.

O segundo premio desta 3ª edición do Concurso foi para o proxecto “TurisTEA” de David Rodríguez, Sara Somoza e David Fernández, alumnos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo – Campus Ourense. Está dotado con 350 euros e unha mentorización a cargo de “O Club do Empredimiento”. Foi entregado polas directoras territoriais das Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da de Economía e Industria, Marta Vázquez e Alicia López, respectivamente.

Este proxecto é unha APP concibida para transformar a forma de viaxar e facer turismo das persoas con TEA (Transtorno do Espectro Autista), proporcionándolles ferramentas tecnolóxicas que garantan maior seguridade e reduzan a incerteza. Está deseñada para planificar, anticipar e estruturar cada etapa do percorrido, minimizando a sobrecarga sensorial e promovendo a autonomía. Os mapas interactivos da súa plataforma destacan roteiros tranquilos e zonas seguras, con pictogramas e unha orientación clara que facilita a navegación. Dispón ademais dun asistente virtual que organiza o itinerario con guías visuais e recordatorios personalizados, mentres que a conexión con smartwatches monitorea #o #estrés en tempo real, ofrecendo suxestións como exercicios de respiración ou acceso a espazos relaxados.

O terceiro premio foi para o proxecto “Visualiza a túa aprendizaxe” de Paula Blanco, Dylan Nieto, María Belén Burckhardt e José Ignacio Ortiz, alumnos da Escola Santo Cristo de Ourense. Este premio está dotado con 250 euros e unha mentorización a cargo de Expourense. Foi entregado pola presidenta da Asociación de Novos Empresarios AJE-Ourense, Noelia Rodríguez Aparicio, xa que esta candidatura participou no concurso como parte do seu “Aprendendo a Emprender”. Este proxecto propón a creación dunha APP que axude aos mozos para decidir a que se queren dedicar, proporcionándolles apoio, orientación e prácticas en diferentes áreas profesionais que lles axudarán a obter unha decisión adecuada. Trataríase dunha plataforma que brinde claridade sobre as opcións académicas e profesionais e tamén reduza o risco de arrepentimentos e permita investir o tempo e os recursos do usuario no que realmente lle interesa.

O xurado deste concurso estivo composto tanto por representantes da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e da Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo – Campus de Ourense, como de empresarios do sector vinculados á innovación, a formación e o emprendemento como AJE Ourense, a Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos AEPA e DixitalGou.

A entrega de premios estivo presentada polo director xerente de Expourense e contou coa participación do deputado da Deputación Provincial de Ourense, Xosé Miguel Pérez Blecua; da directora territorial en Ourense da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Marta Vázquez; da directora territorial en Ourense da Consellería de Economía e Industria, Alicia López; da presidenta da Confederación Empresarial de Ourense- CEO, Marisol Novoa; da presidenta de AJE Ourense, Noelia Rodríguez Aparicio, e da directora provincial da Tesourería xeral da Seguridade Social, Iria Fernández Lorenzo.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------