Manuel Pardo gaba a convivencia  dos escolares da provincia co idioma galego

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta visitou, co gallo do Día das Letras Galegas, o colexio CEIP O Castiñeiro de Laza, galardoado  no VII Concurso de Podcasts-Radio na biblio

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

  • “Debemos seguir afondando en aumentar o prestixio e o emprego da nosa lingua entre o alumnado e as xeracións máis novas”, precisou o representante do Goberno galego
  • O delegado territorial afirmou que “o compromiso coa lingua pasa polo seu uso cotiá e para esta tarefa contamos coa poboación mellor formada de toda a historia”
  • Manuel Pardo felicitou aos alumnos, alumnas e corpo docente deste centro educativo, galardoado  no VII Concurso de Podcasts-Radio na biblio,  que nesta edición estivo dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, ás que se lle rende homenaxe co gallo do Día das Letras Galegas 2025
  • O CEIP O Castiñeiro de Laza obtivo un premio de 1.250€ ao ser o gañador na modalidade infantil polo podcast O noso son, asignación que destinará para melloras no laboratorio/emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento deste laboratorio de radio, sempre vinculado á biblioteca do centro
  • O delegado territorial animou aos rapaces e rapazas a “facer medrar a nosa lingua”, considerando “imprescindible” fornecer o seu uso nos espazos de socialización, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións máis se relacionan

Ourense, 16 de maio de 2025.- “Debemos seguir afondando en aumentar o prestixio e o emprego da nosa lingua entre o alumnado e as xeracións máis novas”; así o manifestou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, no colexio CEIP O Castiñeiro de Laza.

“O idioma como identidade que nos garante o futuro”; o delegado territorial fixo fincapé no papel destas iniciativas e destes espazos “á hora de difundir a nosa cultura e celebrar efemérides que nos serven para poñer en valor a nosa identidade e as persoas que axudaron a construíla e preservala, como son as mulleres transmisoras da nosa tradición oral”, e salientou hoxe a importancia de impulsar unha maior presenza do galego nas propostas de lecer para a rapazada, dentro e fóra das aulas, para incrementar o seu uso e prestixio.

Manuel Pardo afirmou que “o compromiso coa lingua pasa polo seu uso cotiá e para esta tarefa contamos coa poboación mellor formada de toda a historia, xa que nunca antes tanta xente recibira formación de e en galego” e rematou gabando“ a iniciativa dos nosos escritores actuais que animan a toda a sociedade galega a celebrar este día”, para o que “insta á sociedade á promoción da lingua e da cultura galega xa que todos somos partícipes da súa importancia”.

Acompañado do alcalde, José Ramón Barreal, felicitou aos alumnos, alumnas e corpo docente deste centro educativo, galardoado  no VII Concurso de Podcasts-Radio na biblio,  que nesta edición estivo dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, ás que se lle rende homenaxe co gallo do Día das Letras Galegas 2025 e animounos na liña de “facer medrar a nosa lingua”, considerando “imprescindible” fornecer o seu uso nos espazos de socialización, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións máis se relacionan.

O CEIP O Castiñeiro de Laza obtivo un premio de 1.250€ ao ser o gañador na modalidade infantil polo podcast O noso son, asignación que destinará para melloras no laboratorio/emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento deste laboratorio de radio, sempre vinculado á biblioteca do centro.

Explicou o delegado territorial que a temática dos traballos presentados nesta edición versaron sobre os aspectos bio-bibliográficos das mulleres cantareiras e pandereteiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025 (Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e máis Manuela Lema Villar); a importancia e representación das cantigas populares; a  relación entre literatura e música; e o papel da muller na literatura galega.

E recalcou que este certame, convocado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP en colaboración coa Radio Galega, ten como finalidade estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos en galego, o coñecemento da poesía galega alén da escrita e o seu carácter colectivo.

Lembrou por último Manuel Pardo que esta iniciativa está enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) das Bibliotecas Escolares, mediante o cal a Xunta reforza a formación do alumnado e o seu acceso aos medios de comunicación con propostas que promovan o coñecemento e un uso responsable da información en múltiples formatos.

VII Concurso de Podcasts-Radio na Biblio

O certame consta de oito modalidades, segundo o nivel do ensino: Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria, 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO, 3º e 4º de ESO, Bacharelato e alumnado doutras ensinanzas como persoas adultas ou ciclos formativos. Cada centro pode presentar un podcast por modalidade ata un máximo de tres traballos, todos eles en lingua galega, cunha duración de entre tres e cinco minutos.

Os centros participantes presentaron un podcast, que podía ser unha entrevista, unha cuña publicitaria, un espazo de noticias, un faladoiro, un recital, un debate ou un programa monográfico, entre outros. O contido debía versar sobre aspectos bio-bibliográficos das mulleres homenaxeadas, a importancia e representación das cantigas populares, a relación entre a literatura e a música e a muller na literatura galega ou as mulleres nas Letras Galegas.

Cada un deles recibe unha asignación de 1.250€ para melloras no laboratorio/emisora de radio ou para actividades relacionadas co funcionamento deste laboratorio de radio, sempre vinculado á biblioteca do centro. Os traballos premiados serán emitidos por Radio Galega e serán difundidos a través da súa páxina web.

Podían participar neste concurso os 220 centros públicos que forman parte do programa Radio na Biblio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e FP, así como outros centros que traballan co laboratorio de radio como ferramenta pedagóxica.