Ribeiro en Común insta ao Sergas a cubrir a falta de pediatras na comarca do Ribeiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo municipal de Ribeiro en Común de Ribadavia volta reclamar ao Sergas un reforzo do servizo pediátrico para Ribadavia e para toda a comarca, ademais de demandar do alcalde do municipio un posicionamento na defensa deste servizo e das familias afectadas pola súa supresion.

Dende esta formación política subliñan que esta semana recibiron queixas e peticións de varias nais, “que cando acudiron ao PAC cos seus fillos atoparon o servizo pechado e recibiron a nova de que non había pediatras en Ribadavia”, de xeito que a atención se está a derivar ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Por elo, Ribeiro en Común “advirte dos prexuízos que ocasiona ás familias e os seus nenos a ausencia de pediatras e pide que se cubran as vacacións lexítimas do personal médico”.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Várias nais e pais trasládannos a información e a queixa de que a situación é moito máis grave que o que semellaba: non é xa que non se cubran vacacións ou baixas das pediatras, é moito peor, xa que levamos moito tempo cunha única consulta, e como se pode ver na imaxe de citas do SERGAS, esta non cubre os cinco días da semana”, apuntan.

E lembran que “xa en agosto do ano pasado, pero tamén en decembro 2022 e en xaneiro do 2024, xa sucedera esta situación, deixando ao Ribeiro sen pediatras. A pesar de reclamar o reforzo do servizo, o PP volve deixar a Ribadavia e ao Ribeiro sen pediatras, xa que nunca se cubren as vacacións nin baixas laborais ou de enfermidade das médicas”.

Dende Ribeiro en Común lamentan que “a chegada do PP ao Concello non supuxo a mellora de ningún servizo importante en Ribadavia, mais ben se ben os recortes continúan, agora estes contan coa complicidade do goberno municipal, que en lugar de defender os intereses de Ribadavia poñense do lado do seu partido e a súa nefasta xestión da sanidade pública galega”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------