As e os socialistas do concello de Ourense realizarán aportacións ao proxecto de ordenanza da zona de baixas emisións e destacan a financiación con fondos next generation da mesma

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Non obstante, a Administración local vai tarde, mal a arrastro con respecto a obriga que ten de implantar esta zona -segundo a Lei 7/2021, 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética- por tratarse dun municipio de máis 50.000 habitantes xa dende xaneiro de 2024″, lembra a edil María Fernández

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Apelan, así as cousas, a que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome, saque por fin do caixón o Plan de Mobilidade Urbana Sostible e poña en marcha políticas que fomenten a redución do tráfico rodado non só na ZBE, senón en toda a cidade

Ourense, 21 de maio de 2025. Dende o grupo municipal socialista sinalan que estudarán toda a documentación do proxecto de ordenanza municipal reguladora das zonas de baixas emisións do municipio de Ourense, no que se integra a Zona de Baixas Emisións (ZBE) para realizar as aportacións que consideren precisas, do mesmo xeito que xa fixeron co proxecto de ordenanza contra a contaminación acústica e o proxecto de ordenanza reguladora das tarifas dos servizos de abastecemento de auga potable, e depuración de augas residuais.

“Consideramos, non obstante, que a Administración local vai tarde, mal a arrastro con respecto a obriga que ten de implantar esta zona -segundo a Lei 7/2021, 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética- por tratarse dun municipio de máis 50.000 habitantes xa dende o mes de xaneiro de 2024”, lembra a edil do PSdeG María Fernández.


Apelan, así as cousas, a que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome, saque por fin do caixón o Plan de Mobilidade Urbana Sostible e poña en marcha políticas que fomenten a redución do tráfico rodado non só na ZBE, senón en toda a cidade para contribuir ao principio que persegue promover o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico: mellorar a calidade do aire e a calidade de vida das persoas.

“Ademais, é destacable a aportación de Fondos Next Generation que se realizará a través do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que concedeu subvencións do programa de axudas a municipios para a implantación de Zonas de Baixas Emisións”, remata a socialista.