A Deputación celebra a festividade de Santa Rita, “un día para reforzar lazos e poñer en valor aos traballadores”, destaca Luis Menor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 22 de maio de 2025.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense celebrou hoxe os actos festivos organizados con motivo da súa patroa, Santa Rita de Cassia. Este xeito de celebrar a festividade das administracións locais e provinciais sustentouse con actividades como unha ruta BTT, torneo de pickleball, pádel, xogos de tute e dominó, ademais dun xantar no que se deron cita máis de trescentos traballadores.

O presidente provincial, Luis Menor, quixo agradecer aos preto de 800 membros do cadro de personal da Deputación “polo voso compromiso diario”.

Tamén tivo Menor palabras de gratitude para os 18 empregados provinciais que se xubilaron neste ano, aos que lles desexou unha nova etapa vital plenamente feliz.