Unha ‘fruit truck’ de “Amoras con causa” servirá combinados solidarios de froitas o venres e o sábado na Praza Maior do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O proxecto “Amoras con causa” é unha iniciativa solidaria da froitería Amoras do Carballiño que se desenvolverá os vindeiros días 30, venres, e 31 de maio, sábado, coa instalación dunha furgoneta ‘fruit truck’ na Praza Maior da vila, e un amplo programa complementario de actividades lúdicas. A presentación deste evento tivo lugar na Casa do Concello coa presenza de Silvia Baranda, concelleira de Sanidade e Servizos Sociais; Ana Rodríguez, xerente de Amoras, e Rosa Echevarría Domínguez, presidenta de i’tics, a entidade sen ánimo de lucro que será o obxectivo desta campaña.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Silvia Baranda salientou esta iniciativa da emprendedora Ana Rodríguez “que nos convida a ter unha alimentación máis sana como é a de froitas e verduras, e cun carácter fundamentalmente benéfico para a asociación i’tics”. Pola súa banda, a propietaria da froitería indicou que “esta fruit track é unha liña de negocio que puxemos en marcha e na que ofreceremos combinados de froitas totalmente gratis ás persoas que se acheguen ata alí, e a cambio poden facer un donativo para a asociación”.

Unha entidade que, según comentou Rosa Echevarría, “é un espazo integrador onde non hai diferenza entre discapacidade e non discapacidade e no que se promove a inclusión en todo tipo da actividades, xa sexan no ámbeto social, turístico ou deportivo”. Así, a Praza Maior do Carballiño acollerá o programa de actividades o venres 30 e o sábado 31 de 18,00 a 21,00 horas, coas actuacións respectivas de DJ A3060 e DJ Dab Music, ademais dun ‘photocall’ con Richard de Whitebox Portraits; xogos tradicionais por Aspadisi e animación a cargo de Brincos e Tempo Libre Máxico