O Centro Sociocomunitario do Carballiño oferta un amplo programa de actividades para este verán

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Centro Sociocomunitario do Carballiño vén de facer público un avance da programación de actividades para este mes de xuño, entre as que se contempla a segunda edición da ‘Andaina
temática de San Xoán’, que consistirá nun taller acompañado dun percorrido pola zona que nos permita a identificación e coñecemento de saberes das sete flores de San Xoán. Tamén se inclúen no programa actividades para a alfabetización dixital de adultos, neste caso concreto dous talleres: cómo vender a través de internet e retoques fotográficos.

A maiores, o Centro ten prevista a organización dunha gala de clausura de actividades anuais para o día 20 de xuño, no Auditorio Manuel María, e onde se exhibirán mostras da aula de teatro, grupos de canto е pandeireta, zumba, pilates, baile latino, baile moderno e taichí, entre outros, e animan á cidadanía para que asista a este acto e disfrutar da tarde.

Neste mes de xuño, neste mes de xuño, o Centro Sociocomunitario abre a inscrición para as actividades de verán. Concretamente ofértanse 50 prazas para ximnasia, 25 para pilates. 40 para ioga, 24 para cachibol e 50 para baile latino, con preferencia especial para as persoas maiores de 75 anos. Asimesmo, en xullo e agosto, haberá oportunidade para participar no programa financiado pola Fundación Acolle, consistentes en talleres de móbiles, autocoidado persoal e pintura.