As e os socialistas denuncian un pacto PP-DO para aprobar o proxecto de ordenanza de veladores tal cual fora rexeitado por toda a oposición en pleno anteriormente

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Gustaríanos saber que é o que cambiou para o PP neste tempo e tamén se están de acordo co anuncio do goberno de Jácome de que non van a levar adiante unha segunda exposición pública do PXOM”, sinalou a voceira do no Concello, Natalia González

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Demandandaron as e os socialistas, así mesmo, o incremento do seguimento por parte do Concello de Ourense en canto aos parámetros de calidade do aire na cidade e medidas tamén ao respecto, á marxe da licitación do servizo de mantemento das estacións existentes para medilo na terceira urbe de Galicia

Ourense, 17 de xuño de 2025. Na Xunta de Área de Urbanismo que tivo lugar esta mañá no Concello de Ourense, o edil delegado anunciou que irán a pleno, o vindeiro mes de xullo para a súa aprobación, as ordenanzas de ruídos, veladores e Zona de Baixas Emisións (ZBE). “Precisamente sobre a de ruídos, pola que preguntamos insistentemente dende o grupo municipal socialista, levaba meses nun caixón, afirmando o propio concelleiro nas anteriores reunións deste órgano, como así consta en actas, que non tiñan pensado facer nada con ela. Confirmou así mesmo, no día de hoxe, que o proxecto irá tal cual foi levado a pleno e rexeitado por todos os grupos da oposición, co cal é evidente a connivencia e o acordo entre DO e PP á marxe do resto de formacións políticas para sacala adiante”, explicou a voceira do PSdeG, Natalia González.

“Gustaríanos saber que é o que cambiou para o PP neste tempo e tamén se están de acordo co anuncio do goberno de Jácome de que non van a levar adiante unha segunda exposición pública do PXOM, algo que tamén inicialmente apoiaba como condición ‘sine qua non’ o Partido Popular no Concello de Ourense”, engadiu sobre outra das cuestión relevantes abordadas esta mañá.

Nesta Xunta de Área, ademais, o edil de Urbanismo manifestou que dende o executivo local non solicitarán máis axudas para a rehabilitación do antigo cárcere, despois dos 3 fracasos anteriores, e que esta quedará enmarcada na futura área Rexurbe sen unha folla de ruta clara e concreta para o espazo.

Demandandaron as e os socialistas, así mesmo, o incremento do seguimento por parte do Concello de Ourense en canto aos parámetros de calidade do aire na cidade e medidas tamén ao respecto, á marxe da licitación do servizo de mantemento das estacións existentes para medilo na terceira urbe de Galicia.

Por outra banda, durante a Xunta de Área de Servizos Sociais, a voceira do PSdeG tamén demandou coñecer en detalle a memoria de actividades da Concellería de Saúde e os datos da Unidade de Condutas Aditivas municipal nos últimos anos, ante o escurantismo, desidia, parálise e falta de sensibilidade que veñen demostrando tanto o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, como a súa edil Noa Rouco. “Ás nosas preguntas, respondeu rotunda que seguirán facendo o mesmo; é dicir, nada. E seguirán derivando responsabilidades no resto de administracións”, lamentou sobre a pasividade do executivo de DO.

Finalmente, urxiron de novo a previsión e a axilización da tramitación das operacións económicas precisas para o aboamento dos convenios coas entidades do terceiro sector que se adebedan dos anos 2022, 2023, 2024 e os previstos neste 2025, ao igual que as solicitudes de emerxencias sociais pendentes, que a data 2 de xuño son xa 225, tal e como confirmou a edil responsable da carteira. Todo elo, segundo expresou o propio goberno municipal, intentarán que se leve a pleno para a súa aprobación por fin no mes de xullo.