Mañá abre o prazo para solicitar a instalación de terrazas do 2021

O concello do Carballiño ven de publicar un bando da Alcaldía polo que se anuncia o inicio este martes, 1 de decembro, do periodo de solicitude de instalacións de tarimas, terrazas, mesas e cadeiras en espazos de dominio público para a tempada anual 2021. Este prazo estará aberto ata o 21 de decembro, e o período de ocupación é do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021.

Publicidade

Os modelos de solicitudes poden recollerse no departamento municipal de Servizos Públicos e Información ou no Rexistro Xeral do Concello, ou ben poden descargarse da páxina web do Concello (www.carballino.gal) dentro do portal de transparencia/normativa/ordenanzas e regulamentos.

A documentación a achegar xunto coa solicitude será a recollida no artigo 27 da citada ordenanza, e presentaranse no Rexistro xeral do Concello e demais formas previstas na lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.