Adolfo Otero foi homenaxeado polos seus 42 anos ao fronte do voluntariado de Protección Civil do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un dos fundadores e aínda integrante básico da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Carballiño (AVPCC), Adolfo Otero Loureiro, recibíu unha merecida homenaxe na vila de Verín, no decurso da ‘IX Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense’, que se celebrou a pasada fin de semana na vila de Verín.

COMERCIAL ORCELLÓN

A Adolfo Otero foille entregada unha placa pola que se lle reconoce o mérito polos seus 42 anos á fronte da agrupación de voluntarios do Carballiño, que él mesmo contribuíra a crear e promover como concelleiro do goberno do Concello no mandato 1979-1983, e con Argimiro Marnotes Rodríguez na alcaldía.

Uns voluntarios que veñen desempeñando ininterrumpidamente a súa laboura dende aquelas datas, con intervencions en eventos nos que se reclama a súa presenza, como son, entre outros, a Festa do Pulpo, Semana Santa, Entroido e actividades deportivas nas que se fai necesario o seu servizo para preservar a seguridade vial.

Un traballo constante que, coincidindo coa última edición Festa do Pulpo, tamén foi motivo de homenaxe por parte do Concello do Carballiño na figura de Juan Míguez Otero, compañeiro de Adolfo e coordinador, tamén dende hai máis de 40 anos, da Agrupación de Voluntarios.

Na mesma Xornada de Convivencia, Delfín Borrajo, tamén dos veteranos da AVPC do Carballiño recolleu un prato co que sen conmemora a traxectoria de máis de 30 anos deste colectivo de voluntarios. Asemade, tódolos membros das agrupacións da provincia gardaron un minuto de silencio por Juan Enrique Otero Rodríguez, o compañeiro do Carballiño falecido recentemente.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------