Ribadavia suma máis de 3 millóns de euros en subvencións en dous anos, pero o PSOE aféalle que perdera unha de 10.000 euros

Dende o Concello de Ribadavia saése ao paso do comunicado feito público esta mesma mañá polo PSdeG-PSOE, no que esta formación política criticaba ao alcalde pola perda dunha subvención da Deputación de Ourense para a elaboración dun rueiro da vila. O grupo socialista mencionaba o feito de que o rexedor, César Fernández, fora tamén vicepresidente da institución provincial.

“Sorprende que na ampla nota de prensa do PSdeG non apareza por ningún lado que o importe da subvención á que se refiren sería de 10.000 euros no mellor dos casos”, apuntan fontes do goberno local de Ribadavia. “E chama máis a atención que lamenten a perda desta subvencion e, sen embargo, non celebrasen os máis de 3 millóns de euros acadados en subvencións polo actual goberno no que vai de mandato”, engaden as mesmas fontes.

Neste mesmo sentido, dende o equipo municipal de goberno ribadaviense indican que “este “olvido” só se explica pola falta de rigor e, sobre todo, polo pouco que lle importan ao PSdeG de Ribadavia, e mesmo lle parece molestar, os grandes proxectos que se están desenrolando na nosa vila, como a reforma do Pavillón, da Praza de Abastos ou o programa Vilas Vivas”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------