O Concello de Ribadavia vén de inaugurar a exposición “Serenidade” do recoñecido pintor neozelandés Tony Lane, que xa se pode visitar na Igrexa da Madalena. Santiago Álvarez, director territorial de Política Social en Ourense; Miguel García, tenente alcalde de Ribadavia, e Yolanda Gómez, concelleira de Cultura, acudiron á inauguración, onde tamén estivo presente o propio artista.
Con máis de 100 exposicións individuais ás súas espaldas e obra presente nas principais coleccións públicas de Nova Zelanda, Lane continúa explorando o poder simbólico da imaxen nunha obra profunda, silenciosa e luminosa.
A exposición poderá visitarse do 7 ao 13 de xullo de 18,00 a 20,00 horas. A mostra permanecerá pechada do 14 ao 27 de xullo pola celebración da MIT, e volverá abrir de novo o día 28 ata o 8 de agosto de 11,00 a 13,00 horas e de 18,30 a 20,30 horas.