O grupo municipal de Espazo Común vén de alertar sobre a supresión do servizo da grúa municipal do Carballiño, debido ás vacacións do traballador que se ocupa desta tarefa. Dende esta formación política demandan do Concello “a reposición inmediata deste servizo imprescindible”, tendo en conta que a afluencia de turistas é notable e que elo se nota no gran número de vehículos que circulan a diario polas rúas e avenidas da vila.”
“Lamentablemente, dende o Concello semellan decididos a ser sempre un problema permanente en vez de ser un proveedor de servizos de calidade a veciños e visitantes”, apuntan dende Espazo Común, e engaden que “agora atopámonos que xa dende hai días, polas vacacións do operario titular e a incapacidade para suplir o servizo con outros traballadores, como se facía de toda a vida, o Carballiño está sin servizo de grúa municipal”.
Este grupo da oposición lamenta que “A finais de xullo, co pobo cheo de xente e os endémicos problemas de aparcamento igual ca sempre, o goberno PPSOE deixa aos veciños sen grúa”.