O magnífico espectáculo do Mago Teto será o Sábado, 16 de Agosto ás 21.00 h na praza de Dona Irene ao carón da Casa da Cultura (Concello de Sandiás).

Despois de moitos anos percorrendo os camiños do mundo, o Mago Teto presenta o seu espectáculo máis persoal. Maxia enfocada directamente á mente dos públicos, xogos con pequenos elementos, como libros, cartas, papeis.., ás veces, simplemente palabras, e outras veces nosas propias sombras, farán que o espectador atravese o espello do mundo real ao mundo da fantasía, tal cal Alicia, e senta unha serie de emocións únicas e irrepetibles que se poden ver nestos 70 minutos de maxia. Pequenas grandes maxias é unha viaxe moi persoal aos soños do Mago Teto. pequenas grandes maxias en sandiás. unha viaxe aos soños do mago teto

O Mago Teto é uns dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun meigo con espectáculos de rúa, de gran formato para teatros, todoterreos ou clásicos. Coorganizador de festivais de maxia en diversos puntos da xeografia española. MagoTeto é un dous perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------