Un documental e unha exposición sobre vellos oficios abre este sábado o programa do ‘Arenteiro Fotográfico’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Cine Club Carballiño retoma a súa programación tralas vacacións estivais cunha colaboración coa asociación O Potiños dentro do programa de actividades do ‘Arenteiro Fotográfico’, que se inaugura o vindeiro sábado, día 13 de setembro, ás 17,30 horas, no Auditorio Manuel María do Carballiño.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Así, o mesmo sábado, ás 21,00 horas, está prevista no Auditorio a proxección de “Oficios en extinción: imaxes que contan persoas con historias”, un documental realizado polo alumnado do IES Chamoso Lamas. Este traballo audiovisual vén acompañado por unha exposición multimedia, tamén elaborada polos estudantes do centro e integrada por fotografías, litofanías, obxectos e vídeos, que se enmarca no programa de innovación educativa ‘Fotografía en curso’ do Plan Proxecta.

A sesión contará coa presenza de varios dos protagonistas do documental e da mostra, así coma do alumnado que levou a cabo ambos traballos. O acceso ao Auditorio será de balde e totalmente libre.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------