Espazo Común solicitará un pleno extraordinario para tratar a moción pendente sobre o paso da alta tensión

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Como xa se anunciou durante a sesión ordinaria de setembro, Espazo Común solicitará un pleno extraordinario, ao que ten dereito por lei, para que o goberno do Carballiño dea aos cidadáns as explicacións que lles negou ao non querer debater as mocións de urxencia presentadas pola oposición. Consideran que “a covardía e o escurantismo que caracteriza esta triste etapa política no noso pobo viviu un novo capítulo cando PP e PSOE sumaron os seus votos para impedir que se trataran as cuestións presentadas polo noso grupo e polo BNG”.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Espazo Común engaden que “a maioría absoluta que suman os dous partidos que conforman o goberno bipolar furtou aos veciños explicacións sobre o acordo asinado polo alcalde no mes de marzo coas empresas promotoras dos parques eólicos e as liñas de alta tensión contra as que están moitos veciños, preocupados polas súa saúde e o seu xeito de vida”. Neste sentido, apuntan que “se tan normal como dín é todo, ¿por qué o agocharon durante meses? ¿por qué non o explicaron no pleno das alegacións? ¿por qué non o xusitificaron neste pleno? Xa van dúas oportunidades para facer entender á cidadanía como puideron rubricar un convenio que obrigaba ao silencio a cambio dunhas migallas. Van ter unha terceira. A ver se desta vai a vencida”.

Por todo elo, Espazo Común vai rexistrar unha solicitude para que se celebre este pleno extraordinario, que o alcalde terá que convocar por obrigación e no que se falará disto e de todo o que non quixeron explicar na pasada sesión de setembro. E adiantan que “A falla de transparencia e o autoritarismo de PPSOE tamén impediu tratar a moción de urxencia presentada polo BNG sobre a problemática dos altos niveis de gas radon no Conservatorio, polo que nos poremos en contacto con esta organización para ofrecerlles a posibilidade de que a solicitude de pleno extraordinario sexa conxunta incluíndo entre as cinco sinaturas necesarias a da súa voceira para incorporar tamén esta cuestión na orde do día”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------