Sete exposicións fotográficas mostran o traballo de ‘O Potiños’ en diferentes ubicacións do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A actividade cultural vencellada á fotografía continúa no Carballiño, uns días despois de rematar o Arenteiro Fotográfico 2025. A asociación fotográfica O Potiños impulsa actualmente sete exposicións de temáticas variadas en diversos puntos da vila, aos que a poboación pode acudir de xeito gratuíto. “Son mostras que imos cambiando cada dous meses, van rotando de lugar”, explica Manuel Blanco, presidente da entidade cultural.

A veciñanza pode visitar a exposición sobre Marrocos na Casa do Concello; a mostra “Blanco e Negro” no Asador Veracruz; a exposición “Sombras” no edificio Ramón García; as imaxes do concurso do Arenteiro Fotográfico 2025 no café bar Amelie; o traballo gráfico de Cristina Abilleira sobre o lince ibérico, na cafetería Manxares; a exposición “Negativos”, no Casino, e a “Potiexpo 2025”, no café Plaza.

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, convida á poboación a achegarse e desfrutar das exposicións, e pon en valor o importante traballo de Potiños no eido fotográfico galego. O edil recorda que aquelas persoas interesadas poden descargar o fotolibro do Arenteiro Fotográfico 2025 na páxina web da asociación (potinos.com)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------