I Os estudantes utilizarán pinturas fotocatalíticas, concebidas para absorber os gases contaminantes, para pintar un mural no seu propio centro escolar
I Unha innovadora iniciativa na que a Obra Social ABANCA implica á infancia e mocidade na concienciación sobre a importancia do coidado ambiental e a necesidade de adoptar actitudes en favor da sostibilidade
12.11.2025. Afundación, a Obra Social de ABANCA, levará mañá xoves 13 de novembro o seu proxecto «Plantando árbores con pinceis» ao IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño. Máis de 110 estudantes de 1º, 3º e 4º de ESO elaborarán un mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes e un artista do colectivo Vella Escola dirixirá a creación da obra nun dos muros do centro educativo. Durante a mañá, os escolares tamén participarán en diferentes obradoiros de decoración de bolsas de tea con pinturas ecolóxicas e de estampaxe de plantillas con pinturas fotocatalíticas, sendo este último unha novidade deste curso.
Este é o quinto curso no que se leva a cabo «Plantando árbores con pinceis». O curso pasado terminou con máis de 175 murais pintados en centros escolares de toda Galicia e uns 17.000 participantes entre profesores e alumnado. A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de ABANCA «Educación para a sostibilidade», que obtivo en 2024 o premio nacional de Medio Ambiente de CECA.
| Evento | Realización dun mural con pinturas fotocatalíticas coa actividade «Plantando árbores con pinceis» |
| Lugar | IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño |
| Data e hora | Xoves 13 de novembro Mural: 11.40 a 13.20 hObradoiro decoración bolsas: 11.40 a 14.00 hObradoiro de estampaxe: 11.40 a 12.45 h |
En «Plantando árbores con pinceis» o alumnado aprende que o uso deste tipo de pigmentos é útil dado o seu poder de absorción dos gases contaminantes derivados do tráfico e das industrias, fomentando a creación de espazos escolares ecoloxicamente máis depurados grazas á implicación das mozas e mozos do centro. Unha innovadora proposta que ten como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O proxecto consiste en coordinar ao estudantado participante para realizar un mural, con estas pinturas e con temáticas relacionadas coa reforestación, na parede que designe o centro escolar. A actividade complétase con talleres de pintado de bolsas de tea nos que se traballará a temática ambiental desde un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar da natureza.
















