Os participantes no campionato nacional de fútbol sala de Special Olympics desfrutaron dunha festa no Paco Chao

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pavillón polideportivo Paco Chao do Carballiño acolleu onte, sábado, unha divertida celebración para os participantes dos Xogos Nacionais de Fútbol Sala de Special Olympics. A competición, que se leva a cabo esta fin de semana no Paco Paz de Ourense, congrega a preto de 300 deportistas e máis dun centenar de adestradores e voluntarios de 17 entidades sociais de toda España.

A festa no pavillón incluíu música e baile, dos que desfrutaron máis de 400 persoas entre deportistas e equipos técnicos. A competición impulsada por Special Olympics aposta polo deporte como ferramenta de inclusión social para as persoas con discapacidade intelectual, ao mesmo tempo que supón un espazo de convivencia, fraternidade e ilusión.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------