O pavillón polideportivo Paco Chao do Carballiño acolle esta fin de semana o ‘Trofeo Vila do Carballiño’ de patinaxe artística na modalidade de libre , organizado polo Club Aehde. Un total de 198 patinadoras e patinadores pertencentes a 17 clubs de toda Galicia daranse cita mañá, día 29, e o domingo, día 30 de novembro, no anexo das instalacións deportivas municipais.
O evento desenvolverase nestas dúas xornadas de oito horas de duración, dende as 10,00 ata as 20,00 horas, cun receso para o xantar, e nel tamén están inscritos medio cento de deportistas do club organizador. Por primeira vez nos oito anos de historia do trofeo, tres
niveis (1, 2 e 3) tiveron que ser divididos en dous grupos para dar cabida a toda a demanda de participación, un feito que os organizadores do Club Aehde consideran moi relevante.
O ‘Trofeo Vila do Carballiño’ conta un ano máis co patrocinio da empresa constructora Oreco-Balgón, o que demostra que a iniciativa privada tamén é receptiva a iniciativas do deporte minoritario e feminino. Tamén prestan a súa colaboracióna Deputación Provincial de Ourense e o Concello do Carballiño. A calificación dos diferentes programas correrá a cargo das xuíces da Federación Galega de Patinaxe.
















