A Deputación, a través do Inorde, saca a concurso o aluguer de tres vivendas na contorna da estación de ferrocarril de Vilavella

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estas infraestruturas, rehabilitadas con fondos FEDER, están dirixidas a persoas residentes na provincia que sexan demandantes de vivenda

As vivendas ofertadas, propiedade de ADIF e alugadas polo Inorde, contan cunha superficie construída de 113 metros cadrados e a renda a aboar polos inquilinos é de 150 euros mensuais

Os interesados teñen de prazo para solicitalas ata o 11 de decembro

Ourense, 2 de decembro de 2025.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, saca a concurso o aluguer de tres vivendas na contorna da estación de ferrocarril de Vilavella, que foron rehabilitadas con fondos FEDER.

A través desta convocatoria preténdese que ofrecer estas vivendas en alugueiro a persoas residentes na provincia de Ourense que sexan demandantes de vivenda, debendo figurar inscritos como tales no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes que é o vindeiro 11 de decembro.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

As vivendas ofertadas, propiedade de ADIF e alugadas polo Inorde en réxime de subarrendamento, contan cunha superficie construída de 113 metros cadrados distribuídos do seguinte modo: porche, hall, salón-estar, cociña, tres dormitorios, dous baños e cociña dotada de mobiliario.

Os inquilinos deberán aboar un aluguer mensual de 150 euros e o contrato terá unha duración dun ano e prorrogaranse obrigatoriamente, por períodos anuais, ata alcanzar unha duración mínima de sete anos agás que o inquilino manifeste a súa vontade de non renovalo con 30 días naturais de antelación.

Para máis información poden consultarse as bases desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia do día 21 de novembro.–

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------