Viaqua, concesionaria do abastecemento e saneamento no Carballiño, cambia a súa marca a Veolia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Viaqua, a operadora de auga do grupo en Galicia e que mantén no Concello do Carballiño a concesión do servizo de abastecemento e saneamento dende hai 25 anos, cambia a súa marca a Veolia, consolidándose como socio estratéxico nos máis de 48 municipios onde opera no territorio.

Veolia, líder mundial en transformación ecolóxica, abre un novo capítulo en España ao converterse nunha única organización e integrar as súas actividades de auga, residuos e enerxía baixo a marca única Veolia, co apoio dun equipo de máis de 18.000 persoas. Un fito que marca un paso decisivo no plan estratéxico do grupo, GreenUp 2024–2027, deseñado para acelerar o despregamento de solucións que descarbonizan, descontaminan e rexeneran os recursos.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ante os crecentes desafíos relacionados co cambio climático, como a escaseza de auga, as ondas de calor, os incendios forestais e a crecente desertificación, España fai fronte a esixencias ambientais e económicas cada vez maiores. Para seguir actuando e responder de maneira eficaz a estes retos ecolóxicos, económicos e de saúde, Veolia está a reforzar a súa organización e o seu compromiso con solucións eficaces de alto impacto.

Máis de 100 marcas locais (como Viaqua, Agbar, Hidraqua, Hidrogea, Aquara, Aquambiente …) agruparanse baixo unha soa marca, Veolia, fortalecendo a acción e impacto do grupo en España. Unha unificación, que, según este grupo empresarial, non modifica a esencia nin os valores que nos caracterizan como compañía. Mantemos a nosa identidade, co mesmo equipo de profesionais, a mesma calidade na atención á clientela e o mesmo compromiso firme cos concellos onde operamos, xerando un impacto positivo no territorio. 

Dende Veolia aseguran que “continuaremos traballando para cada un dos nosos clientes, coa dedicación e o servizo de sempre, baixo unha marca que nos impulsa a ir máis alá no coidado das persoas e do medio ambiente. Deste xeito, Veolia consolídase como un aliado estratéxico na comunidade, achegando solucións innovadoras e concretas para a xestión sostible da auga”.

“Esta evolución convértenos nun colectivo aínda máis forte dentro dun grupo con presenza e capacidade de impacto global, formando parte dunha rede mundial de persoas expertas unidas por un compromiso compartido: ofrecer fiabilidade, innovación e rendemento de forma incondicional”, conclúen.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------