Expourense acolle mañá a apertura oficial do congreso ‘Ourense Territorio Emprendedor’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A provincia de Ourense acollerá este venres 5 de decembro a apertura oficial do congreso Ourense Territorio Emprendedor, un encontro no que participarán institucións públicas, entidades empresariais e máis de medio centenar de emprendedores para compartir recursos, formación e oportunidades reais de negocio.

A sesión inaugural terá lugar ás 09:30 horas en Expourense e contará coas intervencións de Luis Menor, presidente da Deputación Provincial de Ourense; Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia; David Martínez, presidente de AEPA
Rogelio Martínez, director xerente de Expourense; José María da Torre, director de proxectos do Club do Emprendemento, e Dario Palomo, director territorial de ABANCA en Ourense.

O evento conta co apoio institucional da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e a entidade financeira ABANCA, cuxo compromiso reforza a aposta por consolidar Ourense como provincia de oportunidades, innovación e desenvolvemento empresarial.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Durante a mañá abordaranse temas clave para autónomos, pemes e persoas emprendedoras, incluíndo experiencias de emprendemento no rural ourensán, financiamento, dixitalización, formación e os recursos públicos dispoñibles para emprender na provincia.

Ourense Territorio Emprendedor está impulsado por AEPA Ourense e O Club do Emprendemento, coa participación activa de institucións públicas, entidades económicas e organizacións empresariais. O seu obxectivo é construír un espazo estable de encontro, acompañamento e xeración de oportunidades reais para quen queira emprender ou consolidar o seu proxecto en Ourense.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------