Manuel Pardo pon en valor os investimentos da Xunta nas escavacións arqueolóxicas de Avión, Beariz e Boborás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Muíños para achegarse, acompañado do alcalde, Plácido Álvarez, ao xacemento etnográfico do foxo do lobo do Salas, en Muíños coincidindo co remate dos traballos de escavación e consolidación, nos que a  Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investiu máis de 16.000  euros na edición programada para este ano

O delegado territorial subliñou a importancia destas accións de conservación, “pois grazas a elas a nosa cultura e o noso patrimonio mantéñense fieis á súa versión orixinal, gardan os seus valores históricos e culturais, e deixan este espazo conservado para que futuras xeracións poidan gozar plenamente da arte”.

Para Manuel Pardo “o patrimonio cultural é fundamental para protexer o noso sentido do que somos. Proporciónanos unha conexión irrefutable co pasado, con determinados valores sociais, crenzas, costumes e tradicións, que nos permite identificarnos cos demais e profundar no noso sentimento de unidade e pertenza a unha comunidade”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por iso, o representante do Goberno galego puxo en valor o compromiso da Xunta de Galicia coa posta en valor do patrimonio cultural e coa conservación dos diferentes restos arqueolóxicos da provincia de Ourense e da Comunidade.

Intervencións arqueolóxicas na provincia de Ourense

Na provincia de Ourense, con quince accións, o Goberno galego colabora cos concellos na recuperación patrimonial da Cibdá de Armea en Allariz, nos traballos de valoración no Castelo de Cabreira e no xacemento do Bouzadoiro en Verín, na posta en valor do antigo mosteiro de San Xoán de Camba en Castro Caldelas, e do patrimonio cultural do concello dos Blancos; na restauración do Foxo do Lobo de Salas, en Muíños; e nas actuacións arqueolóxicas no Castro de Lobarzán en Oímbra e Monterrei, e no Campo de Ourique en Baltar.

A estes proxectos, súmanse en Avión os traballos de escavación e conservación previstos no Castro de San Vicenzo; en  Beariz, a escavación e consolidación artellada sobre o Castro de Garfián; en Boborás, a actuación contemplada no Castro de Cameixa; a investigación arqueolóxica na Fraga Raxada en Lobios; a continuación dos traballos arqueolóxicos no Castelo da Picohna , en Calvos de Randín; a consolidación e restauración da muralla do Castro de Castromao en Celanova.

Ademais, levaranse a cabo a limpeza e roza de vexetación nos castelos da Limia, titularidade da Xunta, un conxunto composto pola Torre do Castro, no concello de Sandiás, o Castelo da Pena, en Xinzo de Limia, e a Torre de Firbeda, en Porqueira; e nas capelas medievais da Ribeira Sacra, que abarcan as provincias de Ourense e Lugo.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investiu preto de 260.000€ no Plan de intervencións arqueolóxicas 2025 de na provincia de Ourense.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------