Tacrolimus, unha banda de rock nacida na Coruña en 2018, acaba de dar o paso máis importante da súa curta pero intensa traxectoria: o lanzamento do seu primeiro álbum de estudio, titulado precisamente ‘Se Acabaron Las Versiones’. O disco, xa dispoñible en todas as plataformas de streaming, marca un punto de inflexión para o grupo, que comezou a súa andaina facendo soar versións de grupos como Los Suaves, Barricada, AC/DC ou Ramones en salas por toda Galicia.
A formación, moi activa nas redes (Instagram: @tacrolimusbanda), xa avanzou este cambio de rumbo co lanzamento do seu primeiro single orixinal en novembro de 2024, ‘Jodido Petrarca’. Agora, o álbum completo confirma a súa decidida vocación compositiva. O título non deixa lugar a dúbidas: a etapa das versións, que os levou a actuar en locais por toda a xeografía galega –incluída unha recente e celebrada actuación no Carballiño durante a Festa do Polbo deste pasado agosto–, queda oficialmente superada.
A cara máis coñecida do grupo é sen dúbida a do seu vocalista e guitarrista rítmico, Gonzalo Barge Caballero. Natural do Carballiño, Barge compaxina a súa paixón pola música coa súa profesión como cardiólogo na Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Trasplante Cardíaco do Hospital da Coruña (CHUAC). Unha dualidade que converte a Tacrolimus nun caso singular no panorama musical galego.
Pero a forza da banda radica no conxunto. Tacrolimus está formada por Antón Bande (batería e coros), Nacho Mosquera (guitarra rítmica e, inesperadamente, gaita, un elemento que lle outorga un sello propio ao son do grupo). Nacho traballa con Gonzalo no Chuac. É cardiólogo de arritmias , Alejandro Rapitis (baixo e coros) e Miguel Thomas (guitarra solista). Xuntos, forxaron o son que se pode escoitar en ‘Se Acabaron Las Versiones’.
Foi grabado polo recoñecido inxeñeiro de son Iago Blanco no seu estudio coruñes drum&roll, quen recentemente foi recoñecido co premio da industria musical de Galicia a mellor implemetacion de son
O lanzamento do álbum supón o inicio dunha nova fase para Tacrolimus. Se nos seus inicios conseguiron congregar ao público coas versións de himnos do rock, agora o desafío é facelo coas súas propias composicións. Un reto que asumen con determinación, armados con guitarras eléctricas, potente ritmo e, como non, unha gaita preparada para romper esquemas. A banda médica-rompe-rocas xa non mira atrás: as versións acabáronse.
Ligazóns ó seu perfil en Spotify. Premer na Imaxe:
Videoclip do seu tema “Jodido Petrarca” en Youtube :
Donec Fastidium:
Se Acabaron las Versiones:
Revolución Silenciosa:
Cándida Resurrección:
NUBES DE NOVIEMBRE:

La letra de este nuevo tema de @tacrolimusbanda se escribió sola. La inspiración vino mientras veía la tremenda película de Iciar Bollain sobre la historia de @soynevenka y admiraba su fuerza y valentía. Hoy lo hemos compartido con ella y nos lo ha agradecido. Gracias Nevenka por romper lo que se creía irrompible. Gracias por ser un ejemplo.
Ya no me quiere, señor alcalde
Y el consistorio, está que arde.
Por no dejar que se acerque a mi,
Y ahora todo dios me quiere ya fuera de allí
Ya no me quiere. Premer na Imaxe:



















