Ribadavia acollerá o próximo 3 de xullo o fenómeno musical do ano coa chegada de “Guerreras K-Pop: El Musical”, un espectáculo que está a revolucionar os escenarios en todo o país. A montaxe, dirixida por Pedro Llaudes, recoñecido actor de El Rey León na Gran Vía madrileña, presenta unha historia na que o poder da arte se ergue como un auténtico berro de liberdade. Precisamente, este mesmo espectáculo abarrotou o Auditorio do Carballiño na súa estrea o pasado xoves.
A trama desenvólvese nun futuro no que a música foi prohibida e o silencio se impuxo como norma nas cidades. Nese contexto, seis mozas descobren un segredo capaz de cambialo todo: a forza transformadora do K-Pop. A través do ritmo, da paixón e dunha enerxía inesgotable, decidirán desafiar o sistema e iniciar unha revolución que só pode expresarse mediante a creatividade artística.
“Guerreras K-Pop: El Musical” ofrece unha proposta visual impactante, que combina voces en directo, coreografías elaboradas e unha posta en escena chea de cor e intensidade. Cada número rende homenaxe á estética característica do K-Pop e fusiona danza, teatro e música nunha experiencia escénica que busca conquistar públicos de todas as idades.
O espectáculo celebra a diversidade, a amizade e o poder da música como linguaxe universal. A súa mensaxe aposta polo empoderamento persoal e pola liberdade artística, reivindicando o papel da arte como motor de cambio e expresión.
A función terá lugar o 3 de xullo ás 20.00 horas no Auditorio do Castelo de Ribadavia.
As entradas xa están á venda na web: https://entradas.vigoplan.com/es/tu-vigo-plan/las-guerreras-k-pop-el-musical/2026-07-03/ cun prezo de 20€.

















