O ‘VI Congreso Internacional de Turismo e Deporte’ posiciona a Galicia como un destino deportivo activo, sostible e accesible

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Galicia xa está posicionada como un destino de referencia nacional e peninsular no turismo deportivo, activo e de natureza e ten agora o reto de promocionarse tamén como un destino sostible e accesible. Este foi o fío conductor da primeiro bloque do VI Congreso Internacional sobre Turismo e Deporte – Sportur Galicia que comezou esta mañá en Expourense e que conta coa participación dunha vintena de expertos de España e Portugal en turismo e deporte desde distintas perspectivas. Rematará mañá a mediodía.

O congreso foi inaugurado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, en representación da Secretaria Xeral para o Deporte que, xunto á Deputación Provincial de Ourense, son os valedores desta cita na que participan como asistentes tanto profesionais do sector como futuros profesionais, xa que nesta primeira sesión se contou coa participación de alumnado de distintos ciclos de Formación profesional vencellado co turismo ou co deporte de centros como A Farixa de Ourense ou o Fonteboa de Corcubión.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Durante a súa intervención, o delegado territorial fixo referencia á lonxevidade da provincia de Ourense e relacionándoa con que é unha poboación activa. Incidiu ademais no valor do turismo deportivo como instrumento que fixa poboación, xera e que distribúe a riqueza no medio rural. Pola súa parte, o deputado de Enerxía e Medio Ambiente da Deputación de Ourense, José María Cabo, destacou na súa intervención no acto inaugural do congreso que “a provincia de Ourense, cos seus canóns, ríos, montañas e vilas termais é o mellor pavillón deportivo natural que podemos ofrecer. Dende a Deputación seguimos investindo na creación, mellora e homologación de diferentes infraestruturas deportivas, unha aposta que busca atraer tanto o deportista de elite como a familia que busca unha experiencia de lecer activo”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O bloque de turismo accesible incluíu unha mesa de debate na que participaron representantes da Fundación ENKI; Portugal Accesible; Koan Consulting; Galicia, Destino Sostible” e da Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo – AGETAN. Todos eles fixeron fincapé na necesidade de que os profesionais que traballan no sector do turismo activo reciban formación sobre accesibilidade e que dende as distintas administración se aopste por un turismo que promova non só o respecto pola contorna natural, senón tamén pola diversidade de capacidades do viaxeiro para que todas as persoas poidan gozar da experiencia de viaxar á nosa comunidade. Polo que respecta á sostibilidaede, falaouse de que para manter a experiencia deportiva resulta imprescindible garantir a protección do medio no que se celebrae que o perfil do viaxeiro deportivo e activo encaixa de forma natural cos principios do turismo responsable.

Este congreso está dividido en tres bloques ou áreas temáticas que responden ás necesidades prantexadas polos profesionais do sector. Estes bloques serán: o turismo activo accesible e inclusivo en destinos turísticos e espazos naturais; o financiamiento deportivo en eventos e o Foro de “Concellos activos”. En todos os bloques están sendo presentados casos prácticos e de éxito que poden ser replicables.

Esta tarde continúa o congreso co Bloque sobre financiamiento deportivo xa que a captación de patrocinios públicos ou privados é un dos temas que máis preocupan aos organizadores de eventos deportivos. Falarase de mecenazgo deportivo presentando varios casos prácticos. Participan representantes das empresas EME Sports, Veolia Agua e da Fundación Amare Terra.

O Congreso remata mañá cunha xornada dirixida aos concellos que aposten polo turismo activo, deportivo e de natureza e que poñan en práctica políticas enfocadas ao “movemento” dos seus habitantes con obxectivo de “converter aos concellos en ximnasios”. Contará coa participación de expertos de entidades públicas e privadas como a Fundación Deporte Galego, a Deputación provincial de Ourense, o Concello de Abegondo e da consultora Atlas Sport Consulting. Como caso de éxito presentarase o exemplo do concello de Benicarló (Comunidade Valenciana).

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------