A Praza de Abastos acolleu unha degustación de produtos de porco celta promovida pola asociación de criadores

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento (INORDE) e Cociñeiros Ourense, organizou o pasado sábado unha degustación de produtos de porco celta na Praza de Abastos do Carballiño. Esta actividade está enmarcada no programa de degustacións que se están a levar a cabo neste mes de decembro en distintas prazas de abastos da provincia, concretamente, na segunda fase do roteiro “Mercado en Rural con Porco Celta”, que regresa tras o éxito da primeira edición celebrada en abril.

Así, o porco celta converteuse no protagonista na vila do Arenteiro, coincidindo coa plena tempada de Nadal, e tivo unha excelente resposta por parte da veciñanza, que acudíu á chamada gastronómica ao mercado municipal para participar na degustación das diferentes propostas que elaborou o chef Marco Varela, do restaurante Casal de Armán, ubicado na localidade de Santo André de Camporredondo, en Ribadavia.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Á cita asistiron o alcalde en funcións do Carballiño, José Castro, e as concelleiras de Comercio, Diana González, e Benestar Comunitario, Rosa Fuentes, así como o presidente do INORDE, Rosendo Fernández, e representantes da entidade organizadora, Asoporcel, que conta con seis explotacións porcinas nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Mercado en Rural con Porco Celta” intégrase na campaña de promoción “Tan noso”, coa que Asoporcel rende homenaxe á identidade, á terra e á cultura galega. Cunha traxectoria de máis de 25 anos na recuperación e posta en valor da raza, a asociación procura destacar o Porco Celta como símbolo de compromiso co territorio e coa nosa gastronomía.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------