O presidente provincial agradeceulle a Rubén Saavedra o seu labor como director territorial na provincia e desexoulle éxitos na súa nova andaina á fronte da expansión territorial de Abanca en Cataluña, Valencia, Murcia e Baleares
Menor tamén se puxo a disposición do novo director territorial da entidade en Ourense, José María Jardón, reiterando que a cooperación institucional “sempre foi fundamental para o apoio ao tecido económico e social da provincia”
Ourense, 30 de decembro de 2025.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo un encontro institucional con Rubén Saavedra, que asumirá no inicio de 2026 a dirección da expansión territorial de Abanca en Cataluña, Valencia, Murcia e Baleares, así como co seu substituto á fronte da dirección territorial da entidade en Ourense, José María Jardón.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A reunión serviu para poñer en valor a colaboración institucional existente entre a Deputación e Abanca, así como o papel da entidade financeira no apoio ao tecido económico e social da provincia.
Luis Menor desexou éxito a Rubén Saavedra na súa nova etapa profesional e deulle a benvida a José María Jardón nas súas novas responsabilidades, reiterando a disposición da Deputación de Ourense a seguir colaborando en iniciativas que contribúan ao desenvolvemento e dinamización da provincia.
















