As xogadoras do equipo sénior do Club Voleibol Ourense, de Superliga 2, queren expresar o seu apoio e solidariedade con todas as mulleres que loitan contra o cancro de mama, así como coas súas familias.
Co gallo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, as deportistas lembran a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. A través do deporte, tamén queren transmitir unha mensaxe de esperanza, forza e unión.
“Xuntas somos máis fortes. Cada punto conta, cada xesto suma e cada paso cara á prevención importa”, destacan desde o club.
Desde o Club Voleibol Ourense, unímonos a esta loita con todo o noso cariño e apoio.
¡Por todas vós!

















